viernes, 16 de marzo de 2012

Diario

Na sesión do pasado mércores decidimos dividir o traballo para a realización do xornal, así a parte da que me toca ocuparme a min é do 2º Ciclo de Educación Primaria, é dicir de 3º e 4º curso. Para estes cursos decidín que a actividade correspondente sería realizar diferentes coreografías de baile segundo os disfraces de cada grupo.

Comecei ocupándome do 3º curso, buscando imaxes e decorando un pouco a páxina que a eles lles corresponde, tamén comecei a redactar a actividade que estes alumnos/as realizaron no Entroido.
Levoume algo de tempo porque era un dos primeiros contactos que tiña co programa co que estamos a traballar, Publisher. Aínda así resultoume fácil o funcionamento con este programa, creo que foi unha boa escolla para a actividade que queremos elaborar.


Publicado por: Antía Domínguez Enríquez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario