miércoles, 14 de marzo de 2012

Diario

O primeiro que fixemos para comezar coa edición do periódico escolar dixital, foi diseñar a portada e pensar os contidos que dito periódico ía ter. O deseño da portada levounos unha clase, pois nunca utilizaramos o programa Publisher e foi como un primeiro achegamento a él.

Hoxe, na segunda sesión de clase práctica o que fixemos foi repartir o traballo, centrándonos cada unha na elaboración de cada parte do periódico. A parte que eu particularmente elexin para facer foi a relacionada cos cursos 1º e 2º de Educación Primaria (1º ciclo). O que decidín foi propoñer que a este 1º ciclo se lle otorgara a actividade relacionada co concurso de caretas. Desta maneira elaborei unha breve explicación deste concurso, ilustrando con fotografías un mural de caretas, as caretas gañadoras, etc.

Na sesión seguinte tratarei de rematar esta parte do periódico.

Publicado por Estefanía Diéguez Couto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario