A clase de hoxe, adicámola a reformar o xornal dixital, xa que tivemos que engadir algunhas páxinas máis, onde os nenos e nenas dan a súa opinión e contan como viviron eles a experincia. Nestas páxinas os alumnos deron a súa o pinión de forma conxunta e logo varios escribiron de forma individual.
Decidimos reformar o xornal xa que nun primeiro momento non estaba narrado dende o punto de vista dos nenos, sinon desde o lugar dun observador, xa que contabamos as actividades que eles realizaron durante o Entroido de forma obxectiva. E consideramos que deberíamos engadir a opinión dos protagonistas (alumnos/as) para que se sintan partícipes do seu propio traballo. Desta forma, unha vez rematado o xornal poidan ver o que eles mesmos escribiron.
Publicado por: Rocío Do Pazo varela, Estefanía Dieguez Couto, Antía Domínguez Enríquez, Sandra Diz García.
No hay comentarios:
Publicar un comentario