miércoles, 9 de mayo de 2012

DIARIO



Na sesión de hoxe o que fixemos foi: separámonos de dúas en dúas e repartimos o traballo, unhas fixeron a presentación en power point e outras o póster do traballo práctico.
Para facer o póster, tivemos que elixir entre tres programas: word, publisher e power point. Decidimos facelo en power point xa que é o programa de deseño que mellor controlamos e que nos parece máis fácil de manexar. Antes de comezar a súa realización no ordenador, diseñámolo nun folio, desta maneira tivemos as ideas máis claras e ordenadas.
En canto á presentación en power point non atopamos ningún problema relevante.

Publicado por: Sandra Diz García; Antía Domínguez Enríquez; Estefanía Diéguez Couto; Rocío Dopazo Varela.

miércoles, 18 de abril de 2012

Diario

Na sesión de hoxe o que fixemos foi redactar o informe do traballo práctico (periódico escolar dixital). Para elo dividímonos en grupos de dúas persoas o que nos permitiu ir máis rápido e ter resultados máis eficaces. O informe dividímolo en Introducción, Fundamentación, Estructura do periódico e Conclusión. Destas partes fixemos as dúas do medio quedando para a seguinte sesión a primeira e a última.


Publicado por: Sandra Diz García, Estefanía Diéguez Couto, Antía Domínguez Enríquez e Rocío Dopazo Varela.

miércoles, 11 de abril de 2012

Diario

A clase de hoxe, adicámola a reformar o xornal dixital, xa que tivemos que engadir algunhas páxinas máis, onde os nenos e nenas dan a súa opinión e contan como viviron eles a experincia. Nestas páxinas os alumnos deron a súa o pinión de forma conxunta e logo varios escribiron de forma individual.
Decidimos reformar o xornal xa que nun primeiro momento non estaba narrado dende o punto de vista dos nenos, sinon desde o lugar dun observador, xa que contabamos as actividades que eles realizaron durante o Entroido de forma obxectiva. E consideramos que deberíamos engadir a opinión dos protagonistas (alumnos/as) para que se sintan partícipes do seu propio traballo. Desta forma, unha vez rematado o xornal poidan ver o que eles mesmos escribiron.


Publicado por: Rocío Do Pazo varela, Estefanía Dieguez Couto, Antía Domínguez Enríquez, Sandra Diz García.

miércoles, 28 de marzo de 2012

Diario

Na clase de onte, acabei a sección de pasatempos, na que puxen unha sopa de letras para que os nenos e nenas buscaran palabras relacionadas co Entroido, outro de relacionar disfraces cos seus acesorios, un laberinto onde un pirata ten que atopar o seu parche, un debuxo para colorear e na última folla engadin o debuxo dunha careta pa que os nenos/as a pinten e a recorten. Logo decorei as páxinas e engadín fotos relacionadas cos pasatempos.
Unha vez que rematamos todas a nosa parte, decidimos xuntalas para ir dádolle forma ao xornal, logo retocámolo de maneira que quedasen todas as follas cun diseño parecido, deixandoo casi rematado.

Publicado por: Sandra Diz García.

Diario de Rocío

Hoy acabé mi primera parte del trabajo en la que realicé la parte del periódico que habla sobre cómo los niños/as preparan y realizan una obra de teatro para todas las personas que se quieran acercar a verlo.
Me ha gustado utilizar Publisher y no es difícil tratar con él y hacer el periódico me está resultando divertido y ameno, además de que el tema también es fácil y se pueden hablar muchas cosas sobre él.
Publicado por: Rocío Dopazo Varela
Na sesión de hoxe rematei a miña parte do traballo falando do que os alumnos/as de 4º de Primaria iban a facer para celebrar o entroido, para o cal busquei imaxes en Internet e redactei a actividade que consistía en que se disfrazasen dos diferentes traxes rexionais e aprendesen os bailes típicos.
Podo decir que me gustou traballar co Publisher, pareceume fácil e interesante xa que nos permitiu facer todo o que necesitabamos para o xornal.

Tras realizar cada unha a súa parte queda que fagamos o índice e unha pequena introducción.

Publicado por: Antía Domínguez Enríquez.

lunes, 19 de marzo de 2012

Diario

O mércores da semana pasada, decidimos dividir o traballo na realización do periódico, ocupándose cada unha dunha parte do mesmo. A min tocoume a sección de pasatempos. Esta sección irá o final.
Empecei a decorar a páxina e a colocar os primeiros pasatempos, sopa de letras, encrucillados, etc.
Estamos traballando co programa Publisher, o cal nos permite diseñar o periódico con gran facilidade e comodidade.

Publicado por: Sandra Diz García.